Xestoría para autónomos en Baiona
Alta como autónomo, cota, impostos trimestrais e contabilidade.
Vas comezar como autónomo? Encargámonos da túa alta en Facenda (modelo 036) e na Seguridade Social, e explicámosche con claridade que impostos terás que pagar, cando e que cota de autónomo che corresponde segundo os teus ingresos, incluída a tarifa plana se cumpres os requisitos.
Unha vez en marcha, levamos o teu día a día: declaracións trimestrais de IVE e IRPF, libros de ingresos e gastos, declaración da renda e calquera trámite con Facenda ou a Seguridade Social. Ti céntraste no teu traballo e nós na papelada.
Somos a xestoría de autónomos de Baiona, Nigrán, Gondomar e Vigo que coñece a túa actividade e che avisa antes de cada prazo. Tamén che axudamos a adaptar a túa facturación a Verifactu.
Vas darte de alta?
Explicámosche os pasos, a cota e os impostos antes de comezar.
Outros servizos
Asesoría fiscal
Impostos trimestrais e anuais, Imposto sobre Sociedades e trato con Facenda.
Ver asesoría fiscalAsesoría contable
Contabilidade ao día, libros contables e contas anuais da túa empresa.
Ver asesoría contableAsesoría laboral
Nóminas, seguros sociais, contratos e altas de traballadores.
Ver asesoría laboralDeclaración da renda
Revisamos o borrador, aplicamos as túas deducións e presentamos a túa renda.
Ver declaración da rendaComunidades de propietarios
Administración de fincas: contas, recibos, xuntas e provedores da túa comunidade.
Ver administración de fincas
