Asesoría contable en Baiona

Contabilidade ao día, libros contables e contas anuais da túa empresa.

Levamos a contabilidade de empresas e autónomos de Baiona e o Val Miñor para que teñas os números sempre ao día e saibas, en cada momento, como vai o teu negocio.

Para as sociedades, rexistramos a actividade segundo o Plan Xeral Contable, preparamos as contas anuais e encargámonos de legalizar os libros e depositalos no Rexistro Mercantil. Para os autónomos, levamos os libros rexistro de ingresos, gastos e bens de investimento que esixe Facenda.

Unha contabilidade ben levada é a base dunha boa asesoría fiscal: por iso coordinamos as dúas, e dámosche informes claros para tomar decisións con datos reais.

Levamos a túa contabilidade?

Explicámosche como traballamos e que necesitamos de ti para comezar.

Solicitar asesoramento contable

Outros servizos