Preguntas frecuentes
Resolvemos as dúbidas máis habituais. Se non atopas a túa, escríbenos.
Unha xestoría encárgase sobre todo dos trámites: presentar impostos, dar de alta un autónomo ou un traballador, facer nóminas… Unha asesoría, ademais, aconséllate para que tomes as mellores decisións fiscais, contables e laborais.
En G&R Asesores facemos as dúas cousas: tramitamos as túas xestións e asesorámoste para que pagues o xusto e evites problemas.
Os trámites de alta en Facenda (modelo 036) e na Seguridade Social non teñen custo. O que si pagarás cada mes é a cota de autónomo, que depende dos teus ingresos reais; se te dás de alta por primeira vez, podes ter unha cota reducida (tarifa plana) durante os primeiros meses se cumpres os requisitos.
Se queres que nos encarguemos da alta e das túas xestións posteriores, cóntanos a túa actividade e preparámosche un orzamento.
Depende da complexidade: non é o mesmo unha renda cun só salario que unha con alugueiros, venda dunha vivenda ou actividade como autónomo. Contacta connosco, revisamos o teu caso e dicímosche o prezo antes de facela.
O teu DNI e o da túa familia se facedes a declaración conxunta, a referencia ou o acceso ao teu borrador (Cl@ve ou número de referencia de Facenda), os certificados de retencións da túa empresa ou da túa pensión, e a conta bancaria para a devolución ou o pagamento.
Ademais, os xustificantes das deducións que queiras aplicar: alugueiro de vivenda, gastos escolares ou de garderías, doazóns, plans de pensións, cotas sindicais ou de colexios profesionais, etc. Se tes dúbidas, tráenos o que teñas e revisámolo xuntos.
Si. Podes cambiar de xestoría cando queiras; o único necesario é recompilar a documentación dos teus impostos, contabilidade e contratos. Axudámoste a facer o cambio de forma ordenada para que non se perda ningún prazo.
Depende do número de vivendas e locais e dos servizos que necesite a comunidade (contabilidade, xuntas, xestión de provedores, persoal…). Cóntanos como é a túa comunidade e enviámosche un orzamento.
Verifactu é o novo sistema de Facenda para controlar a facturación: obriga a que os programas de facturación de empresas e autónomos cumpran uns requisitos e poidan enviar os rexistros de cada factura á Axencia Tributaria. A súa entrada en vigor está prevista para 2027, aínda que as datas aprazáronse varias veces.
Axudámoste a revisar se a túa forma de facturar actual cumpre e a adaptala con tempo.
A nosa oficina está en Baiona e traballamos con clientes de todo o Val Miñor (Baiona, Nigrán e Gondomar), de Vigo e do resto da provincia de Pontevedra.
Axudámoste?
Cóntanos que necesitas e responderémosche o antes posible.
