Asesoría fiscal e contable en Baiona

Impostos, contabilidade, contas anuais e trato con Facenda para empresas e autónomos.

Ocupámonos dos impostos e da contabilidade de empresas, autónomos e particulares: preparamos e presentamos cada declaración en prazo, levamos os libros ao día e avisámoste antes de cada vencemento.

Fiscalidade e contabilidade van da man: unha contabilidade ben levada permite planificar os impostos, escoller a forma xurídica máis axeitada e tomar decisións con datos reais. Por iso coordinámolas nun mesmo equipo.

Traballamos con clientes de Galicia, do resto de España e do estranxeiro. Se recibes un requirimento da Axencia Tributaria, revisámolo contigo e preparamos a resposta, e acompañámoste na adaptación a Verifactu.

O despacho diríxeo Rafael Estévez, economista colexiado n.º 609 do Colexio de Economistas de Vigo-Pontevedra.

Dúbidas cos teus impostos ou a túa contabilidade?

Cóntanos o teu caso e revisamos que tes que presentar e cando.

Consultar sobre os meus impostos

Outros servizos